Thursday 25 de April de 2024

Presenza do Boudsport no Open de España G1


 

Sara Gacio e Pablo Figueira regresaron do Open de España G1 con cadansúas medallas de bronce nas categorías júnior e cadete respectivamente. A proba disputouse recentemente en Vilarreal, localidade ata a que se desprazaron un total de nove integrantes do club Boudsport. Unha vez máis os deportistas ordenses destacaron pola súa calidade de combate nunha das probas máis duras de todo o calendario nacional. En xogo estaban nada máis e nada menos que os puntos para o campionato mundial do ránking olímpico (categoría sénior) e para os campionatos de Europa nas categorías cadete e júnior.

Na categoría cadete Sara Soneira, Olaya Blanco e Abril Viqueira remataron en quinta posición, o mesmo que Manuel Castro (júnior). Mateo Boudjenane (cadete) e os júniors Carla Diéguez e Pablo Liñares acadaron o noveno posto.